octeto

< lat octo ‘oito’
Plural: octetos
  1. s m Conxunto de oito obxectos unidos por unha propiedade común.
  2. s m MÚS
    1. Composición musical para oito instrumentos ou para oito voces.
    2. Conxunto de oito músicos.
  3. s m INFORM Signo codificado de oito cifras binarias que permite expresar 256 (2 8 ) caracteres na gravación e no tratamento de datos.
  4. octeto electrónico QUÍM Conxunto de oito electróns que os átomos tenden a completar mediante a formación de enlaces covalentes para acadar a estrutura de gas nobre.