oclusión

< lat occlusĭōne
Plural: oclusións
  1. s f Acción e efecto de ocluír.
  2. s f FISIOL Peche das marxes dunha abertura natural, como a dos beizos ou a das pálpebras.
  3. s f LING Trazo articulatorio dalgunhas linguas que consiste nunha interrupción completa da corrente fónica nun punto calquera das cavidades supraglóticas e mesmo infraglóticas.
  4. s f
    1. IND/QUÍM Fenómeno que consiste na disolución de gases en metais que orixina compostos intersticiais.
    2. QUÍM Inclusión de anións ou catións estraños no seo dun precipitado a causa do crecemento demasiado rápido deste.
    3. IND/QUÍM Burbulla ocluída que aparece na superficie sólida dunha peza metálica de fundición.
  5. s f METEOR Mecanismo de elevación de aire quente que se converte nun ciclón.
  6. PAT
    1. s f obliteración.
    2. oclusión intestinal Interrupción do tránsito intestinal debido a un obstáculo mecánico.