occitano -na

< topónimo Occitania
Plural: occitanos Masculino: occitano Masculino plural: occitanos Feminino: occitana Feminino plural: occitanas
    1. adx Relativo ou pertencente a Occitania, aos seus habitantes ou á súa lingua.
    2. s Natural ou habitante de Occitania.
  1. ETN/HIST
    1. adx Relativo ou pertencente ao pobo occitano.
    2. s Individuo do pobo occitano.
    3. s m pl Pobo de raza indoeuropea establecido no territorio do País de Oc.
  2. s m LING Lingua galorrománica que está formada por tres variedades lingüísticas denominadas occitano setentrional, occitano meridional e gascón, que é a lingua propia de Occitania e que na Idade Media era a koiné dos trobadores. OBS: Tamén se denomina lingua de oc.