observancia

< lat observantĭa
Plural: observancias
  1. s f Cumprimento exacto do que prescribe unha lei, unha regra ou unha relixión.
  2. antiga/primitiva/estrita observancia RELIX Observancia máis estrita da regra que, en certas ordes relixiosas como os beneditinos ou os carmelitas, é consecuencia dunha reforma, en contraposición a ulteriores evolucións ou desviacións dela.