obliteración

< lat oblitteratĭōne
Plural: obliteracións
  1. s f Acción e efecto de obliterar.
  2. s f FILAT Imprenta ou debuxo estampado cun obliterador.
  3. s f
    1. PAT Desaparición da luz dun conduto orgánico por obstrución ou compresión das paredes.
    2. MED Extirpación cirúrxica dun órgano ou dunha parte danada.