oblea

< fr antigo oublée lat oblāta
Plural: obleas
  1. s f
    1. Folla moi fina de masa de fariña e auga que se utiliza para facer as hostias.
    2. MED Folla moi fina que serve para encapsular un medicamento e facelo máis doado de tragar.
    3. Lámina moi delgada que se utiliza para pegar sobres.
  2. s f FÍS Disco moi fino, cortado dunha barra cilíndrica monocristalina de silicio ou granate, que se utiliza como substrato para a fabricación de circuítos integrados.