nupe

Plural: nupes
  1. adx Relativo ou pertencente ao pobo nupe.
  2. s ETN Individuo do pobo nupe.
  3. s m pl ETN Antigo pobo de tipo feudal do centro de Nixeria, que está situado entre o río Níxer e Kaduna. Ten unha sociedade moi xerarquizada e, aínda que na maioría son musulmáns, seguen prácticas pagás.
  4. s m LING Lingua kwa que fala o pobo nupe.