numeral

< lat numerāle
Plural: numerais
  1. adx Relativo ou pertencente ao número.
  2. adx Que expresa ou representa un número.
  3. s m LING Clase de palabras que indica un número de unidades, a orde nunha serie, as partes que a forman, o resultado dunha multiplicación ou un grupo de elementos determinados que poden realizar a mesma función ca un substantivo ou un adxectivo.