METEORAgregado de diminutas gotas de auga ou de partículas de xeo suspendidas no aire, que se constitúe cando o aire atmosférico cargado de vapor de auga é arrefriado ata acadar o punto de rosada.
Masa compacta de fume, polvo ou outro elemento semellante en forma de nube.
sfConxunto numeroso de persoas, animais ou cousas que están en movemento.
sfCalquera cousa que nubra a vista, que ofusca a intelixencia ou que altera a serenidade.
FÍS
Conxunto de electróns que orbitan arredor do núcleo dun átomo.
Conxunto de electróns que, nun tubo electrónico, se atopan arredor do cátodo incandescente e provocan a aparición dunha carga espacial.
ASTRONConcentración densa de gas e po interestelar.
FÍSNube de partículas radioactivas que se forma tras a explosión dunha bomba nuclear.