nona

< lat nona
Plural: nonas
  1. s f Estrofa de nove versos.
  2. s f
    1. CRON División romana do día que corresponde ás tres da tarde.
    2. RELIX Hora menor do oficio divino que corresponde á hora romana homónima.
    1. s f pl HIST Quinta xornada do mes romano antigo ou sétima xornada dos meses de marzo, maio, xullo e outubro.
    2. nonas caprotinas RELIX Festas femininas da fecundidade na Roma antiga, que se celebraban o 7 de xullo.