nodosidade

< lat nodosĭtāte ‘complicación’
Plural: nodosidades
  1. s f PAT Calidade de nodoso.
  2. s f PAT Calquera produción accidental que dá ao tacto a sensación dun corpo duro máis ou menos arredondado e limpamente circunscrito.
  3. s f PAT Tumefacción ou induración circunscrita.
  4. PAT Prominencia dura na cara dorsolateral das articulacións interfalánxicas distais. É unha manifestación típica da artrose.
  5. PAT Pequenas lesións eritematosas, dolorosas, que aparecen na planta do pé na endocardite bacteriana subaguda.
  6. PAT Eminencias indolentes que se localizan case sempre no cóbado, entre a pel e os planos máis profundos.

Palabras veciñas