nocturno

Plural: nocturnos
    1. adx Relativo ou pertencente á noite ou que ten lugar de noite.
    2. adx Que desenvolve toda ou case toda a súa actividade durante a noite.
    3. s m RELIX Parte do oficio divino da noite, que consta basicamente de salmos e de lecturas.
  1. s m MÚS
    1. Composición musical introducida no s XVIII, escrita xeralmente para instrumentos de vento, que eran interpretadas ao aire libre e eran sinónimo de serenata.
    2. Composición vocal para unha ou dúas voces que xurdiu no s XVIII.
    3. Composición musical para piano, que xurdiu a finais do s XVIII, e na que predomina a melodía ornamentada.

Palabras veciñas