neutro

Plural: neutros
  1. adx
    1. Que non toma partido.
    2. Que non presenta características distintivas.
    3. Que está desprovisto de todo matiz afectivo ou intencional.
  2. adx BIOL asexuado.
  3. adx BOT Aplícase á flor estéril, falta de androceo e de xineceo.
  4. adx TECNOL/FÍS Que non ten carga eléctrica total, porque a carga negativa é contrarrestada pola positiva.
  5. adx
    1. FÍS Aplícase ao punto dun sistema simétrico que se atopa a un potencial nulo. Tm s m.
    2. ASTRON Aplícase ao punto común da estrela, do condutor ou do borne correspondentes, nun sistema polifásico en estrela. Tm s m.
  6. adx FÍS Aplícase á substancia ferromagnética que non posúe imantación.
  7. adx QUÍM
    1. Que non é ácido nin básico.
    2. Aplícase ás solucións acuosas que conteñen os ións H e OH- en cantidades idénticas.
    3. Aplícase aos sales que en solución non presentan reaccións de hidrólise ácida nin básica.
  8. adx LING Que non é nin masculino nin feminino. Tm s m, referido a xénero gramatical.