neurotransmisor

< neuro- + transmisor
Plural: neurotransmisores
  1. s m FISIOL Axente químico que producen as células presinápticas como resposta a unha excitación neuronal que atravesa a sinapse e estimula ou inhibe a célula postsináptica e transmite o impulso nervioso a través das sinapses.