smZOOLCordón que pon en relación os centros nerviosos ou os ganglios periféricos coas diferentes partes do corpo e que segundo a súa constitución poden ser mielínicos ou amielínicos.
smParte branca da carne que se corresponde cos tendóns dos animais.
smPLANTAPlexo vascular que hai no limbo das follas e noutros órganos de natureza foliada.
smENTOMFormación típica das ás dos insectos pterigotos, de forma tubular e con paredes quitinosas.
smigor ou enerxía que caracteriza a unha persoa.
sm plTrastornos do sistema nervioso que producen a excitación física e mental dunha persoa.
ARQUIT
smArco resaltado no intradorso dunha volta, para reforzala ou decorala.
nervio de arestaNervio que sinala a intersección de dúas voltas.
nervio faixónNervio que segue exactamente o perfil do intradorso dunha volta.
nervio secundarioNervio que enlaza transversalmente os nervios principais ou os intermedios dunha volta.
smGRÁFCada unha das cordas dispostas do través no lombo dun libro, ás que se anoan os fíos dos pregos que o van encadernar.
smMARCabos metálicos que van dun penol ao outro dunha verga e que serve para asegurar a envergadura das velas.