antecámara

< ante- + cámara
Plural: antecámaras
  1. s f Cuarto que está diante da sala de recepción, nun local público.
  2. s f ARQUIT Sala que precede a outra de maior entidade.
  3. s f MAR Espazo que precede á cámara do navío.
  4. s f TECNOL Cámara auxiliar de pequeno volume na que, nos motores con precombustión, desemboca o inxector. OBS: Tamén se denomina cámara de precombustión.

Sinónimos