negro

Plural: negros
  1. adx Que non presenta ningunha cor porque os corpos non emiten nin reciben ningunha radiación luminosa visible. Tm s m, referido a cor.
    1. adx Aplícase ao individuo do grupo melanodermo. Tm s.
    2. música negra MÚS Música das razas melanodermas de África, das comunidades negras das Antillas e de EE UU.
  2. adx Que presenta unha cor máis escura dentro da súa especie.
  3. adx Que presenta sucidade.
  4. adx Que resulta extremadamente desgraciado.
  5. adx Que está fóra do control fiscal.
  6. adx Aplícase aos ritos e cerimonias de adoración do demo.
  7. s Persoa que fai traballos literarios para outro que diante do público se presenta como autor.
  8. s m HIST Nome que os absolutistas lle deron aos liberais durante o reinado de Fernando VII, como resposta á denominación de servís que os absolutistas recibiran dos liberais.
  9. QUÍM
    1. negro de acetileno Pos carbonosos que se empregan na superficie dos calefactores para disipar a electricidade estática.
    2. negro de anilina Colorante que resulta da oxidación da anilina.
    3. negro de fume Pos carbonosos de cor negra que se empregan en imprenta, pintura e tinturaría.
    4. negro de platino Platino finamente dividido que se emprega como catalizador na industria química.
    5. negro mineral Pigmento negro que se obtén por pulverización de lousas e xistos que conteñen carbón e que se emprega na fabricación de colorantes.

Palabras veciñas