néboa

< lat nebŭla
Plural: néboas
  1. METEOR
    1. s f Fenómeno atmosférico que se produce cando unha porción de aire leva en suspensión partículas de auga, que proveñen da condensación do vapor da atmosfera, en densidade suficiente para que a visibilidade sexa inferior a un quilómetro.
    2. néboa alta Capa de néboa que non está en contacto co chan.
    3. néboa baixa Néboa de radiación de baixo nivel que se forma particularmente nos vales.
    4. néboa húmida Néboa cun grao higrométrico moi alto que humedece os obxectos.
    5. néboa mexona Néboa da que cae unha precipitación apreciable, en forma de gotas finísimas.
    6. néboas de arrefriamento directo/de radiación Néboas que se ocasionan polo arrefriamento nocturno dunha capa de aire estancado, debido ao paso dunha masa de aire relativamente cálida e húmida por riba dun solo frío.
  2. s f MED Mancha situada na córnea do ollo que dificulta a visión.

Sinónimos

Refráns

  • Ano de brétemas, ano de medas.
  • Ano de néboas, ano de medas temperás e non tardeiras.
  • Cantas néboas en marzo, tantas xeadas en maio.
  • Día de néboa bo día espera, se non chove ou neva.
  • Néboa de marzo, xeada en maio.
  • Néboa en Padrón, sinal de cerrazón.
  • Néboa no monte, mellor pola mañá que pola noite.
  • Néboas no alto, augas embaixo.
  • Neboeiro na terra, treboada no mar: ou ben chover ou ben nevar.
  • Neboeiro, pesca rara no rueiro.
  • O día de neboeiro, a mañá longa e o día pequeneiro.
  • O día neboento pon a un morriñento.
  • Onde vires neboeiro pot. xaneiro, fai alí o teu fillo herdeiro.