nacionalidade

< nacional
Plural: nacionalidades
  1. s f DER/POLÍT Carácter nacional, condición étnica, política e institucional que constitúe unha nación.
  2. s f DER Situación da persoa determinada pola súa suxeición ou pertenza á xurisdición dun estado, co conxunto de deberes e dereitos que isto comporta. A atribución da nacionalidade a unha persoa prodúcese no momento do seu nacemento.
  3. s f DER Nación sen estado, recoñecida nalgunhas constitucións, cun certo nivel de autonomía.
  4. POLÍT Terminoloxía utilizada pola Constitución de 1978 para referirse ás comunidades de Catalunya, Euskadi e Galicia e recollida nos seus Estatutos.
  5. DER/POLÍT Principio xurídico e político polo que debe haber plena identidade entre nación e estado, e polo que os grupos nacionais concretos teñen dereito a constituírense en estado independente.