nabo

< lat napu
Plural: nabos
  1. s m PLANTA Planta herbácea, da familia das brasiáceas, anual ou bienal, que presenta raíces carnosas, follas basais liradas e glaucas, flores amarelas en inflorescencias en acio e froitos en silicua provistos dun pico.
  2. s m Raíz do nabo.
  3. s m col Órgano sexual masculino.
  4. PLANTA brionia.

Frases feitas

  • Levar un (bo) nabo. Levar unha decepci
  • Tocar o nabo. Amolar ou enfastiar.

Refráns

  • As nabizas piden unto; e os grelos, lacón ao punto.
  • Cando é bo ano, é ano de nabos.
  • Nabos e coles, comer de señores.
  • Nabos e fidalgos, raros.
  • Os nabos e os peixes no tempo da xeada crecen.
  • Pola santa Mariña sementa a nabiña -a vella que así o dicía ben o sabía, porque xa con tres follas a tiña.
  • Pola santa Mariña sementa a nabiña -A vella que o dicía ben o sabía, que xa sementada a tiña.
  • Polo tempo de Tódolos Santos mira os nabos: se fosen bos, di que son malos.
  • Se queres ter bos nabos, en san Xoan tes que sementalos.

Palabras veciñas