multiplicidade

< lat multiplicĭtāte
Plural: multiplicidades
  1. s f Calidade de múltiple.
  2. s f Existencia dun gran número de cousas da mesma especie.
  3. s f MAT Dimensión do subespazo vectorial de E, dado un valor propio a dun operador lineal A dun espazo vectorial E, formado polos vectores propios de A que teñen a por valor propio.
  4. s f FÍS dexeneración.
  5. orde de multiplicidade MAT Nun punto múltiple dunha curva, número de veces que a curva pasa por ese punto.

Citas

  • A rexión destaca pola multiplicidade de especies botánicas endémicas