Ir ao contido principal
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Selector de idioma
Galego
Castellano
Pechar o selector de idioma
Participa
Outros recursos
O dicionario
Galego
Castellano
Participa
Outros recursos
O dicionario
Abrir/pechar menú
Características
Abreviaturas
Apéndice gramatical
Créditos
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Definicións
Sinónimos
Conxugador
Refráns
Buscar termo
Opcións avanzadas
Palabra completa
Comeza por
Contén
Remata en
En toda a entrada
Idioma
Seleccione un idioma
Inglés
Castelán
Francés
Italiano
Buscar termo
Buscar termo
Buscar termo
muller
Escoitar
< lat mulĭēre
Plural:
mulleres
s
f
Ser humano de sexo feminino.
s
f
Individuo adulto de sexo feminino.
s
f
DER
Dona, en relación ao marido, dentro do matrimonio civil ou canónico.
Confrontacións
señora
Citas
Era moi muller
Era unha muller de letras, culta e educada
Esperou pola súa muller para ir xantar
Tivo tres fillos, e dúas eran mulleres
Xa es unha muller para tomar as túas decisións
Refráns
A ama brava é a chave da casa.
A boa moza é coma a pera acelmosa, que, ende coméndoa, dá gana doutra.
A boa muller de tarde en tarde na rúa déixase ver.
A boa muller nin ha de oír nin ha de ver.
A boa muller sen fama: nin boa nin mala.
A boa muller, a casa sábea encher.
A casada ben composta quita o seu home doutra porta.
A dona na rúa, composta; na igrexa, devota; no lar, facendosa; na casa, mañosa; no estrado, señora; na festa, modosa; e na cama, xeitosa e graciosa.
A dona que é composta, se non fai o mandado, non dá mala resposta.
A dona quere ser rogada e non obrigada nin forzada.
A dona traballadora non quere home lacazán/folgazán.
A dona, na casa; o home, no traballo.
A honra da muller moito coidadiño quer.
A honra da muller non se lle debe chincar tan xiquer.
A leña e a muller, cantos máis anos, máis arder.
A llngua da muller di todo o que quer e o que non quer.
A loba e a muller son iguais no escoller.
A mal aliñada, primeiro abre a porta que fai a cama.
A moza á beira do mozo requere a nai preto dela.
Á moza andadeira crebarlle a perna.
A moza da vila, casa porca e porta varrida.
Á moza larpeiriña non hai para que seguila.
Á moza louca máis lle agrada o pandeiro cá touca.
Á moza mala, a campá a chama; e á mala mala, nin a campá nin nada.
A moza para a festa, e para a casa a besta.
A moza quere o espello porque lle dá consello.
A moza risoña ben deixa ver que quere ser dona.
A moza trouleira, súa nai á beira.
A mozo galán, ter a filla da man o
A muller á "ventana" perde máis que gaña.
A muller afeitada víralle a cara.
A muller aliñada, antes de se vestir, fai a cama.
A muller aseada, o berce feito e ela peiteada, tan logo está levantada.
A muller bailar e ao burro ornear, o diaño debeullo ensinar.
A muller barbada unha fai e outra garda.
A muller barbuda de lonxe a saúda.
A muller boa é a que non soa.
A muller brava dálle corda larga.
A muller casada e honrada, a perna crebada para que non saia da casa.
A muller composta o seu home arreda doutra porta.
A muller de bo aliño cría, fía, devana e vende o liño.
A muller de bo recaudo enche a casa ata o tellado.
A muller descaseirada non fai boa casada.
A muller do cego ¿para quen se compón?
A muller do escudeiro, bulsa grande e pouco diñeiro.
A muller do pastor pola noite se compón.
A muller e a besta a ninguén se empresta.
A muller e a cabra é mala, sendo fraca.
A muller e a cabra, a pata crebada.
Á muller e á cabra, corda larga.
A muller e a gaivota, canto máis vella, máis tola.
Á muller e á galiña tórcelle o pescozo: verás como queda mansiña.
A muller e a galiña, na casa con día.
A muller e a galiña, pequeniña.
A muller e a galiña, por andar, pérdese axiña.
A muller e a laranxa non se han apretar moito, porque amargan.
A muller e a loba do máis feo se namoran.
A muller e a moeda non gusta de estar queda.
Á muller e á mula pola boca éntralle-la fermosura.
A muller e a ovella, con día na cortella.
A muller é a primeira le ira que pola mañá ve o labrego.
A muller e a sardiña, na cociña.
A muller e a sardiña, pequeniña/e escanchadiña.
Á muller e á sogra dálles corda.
A muller e a troita préndese pola boca.
A muller e a viña dan ao home alegría.
A muller e a viña faina o home garrida.
A muller é antoxadiza e a cabra espantadiza.
Á muller e ao can o pau nunha man e noutra man o pan.
A muller e ao carniceiro médralle-Ia carne na mano
A muller é fogo; o home estopa: vén o demo e sopra.
A muller e o muíño queren uso continuo.
A muller e o neno só calan o que non souberon.
A muller e o ouro pódeno todo.
A muller e o raposo, se perden a mañá, perden o día todo.
A muller e o vidro sempre están en perigo.
A muller e o viño sacan o home de tino.
A muller é.coma o melón: se é boa, non hai cousa mellor; se é mala, non a hai peor.
A muller facendosa ten o pe no berce e as mans na roca.
A muller fai o home.
A muller fermosa quítalle o nome ao seu home.
Á muller festeira créballe a perna.
A muller gambemeira, de festa en festa e de feira en feira.
A muller gobernadora arrola o neno e fía na roca.
A muller honesta, cando fai algo na casa, está na súa festa.
A muller honrada, a perna crebada e na casa.
A muller honrada, coa porta pechada.
A muller limpa e composta o seu bome quita doutra porta.
Á muller louca máis lle gusta o pandeiro cá touca.
A muller máis asisada ou sabe moito ou non sabe nada.
A muller mala, non enfadala.
A muller moza e viúva soila pouco dura.
A muller na igrexa, santa; e na rúa, cabra.
A muller na súa casa e descalza.
A muller na súa casa nada lle pasa.
A muller non dala a ver.
A muller pequeniña sempre é mociña.
A muller que é coidadosa deixa a gaita e colle a roca.
A muller que máis sabe, máis precisa que a garden.
A muller que moito mira, pouco fía.
A muller que moito se mira á cara, pouco atende a casa.
Á muller que non ha ser tola búlanlle as mans e cálelle a boca.
A muller que non sabe cociñar é coma gata que non sabe ratear.
A muller que pouco fía sempre trae rufn camisa.
A muller quince la xa non ten aquela.
A muller sempre algo ha querer.
A muller sempre erra no escoller.
A muller sen mestre sabe mentir e chorar.
A muller tola e a camisa rota logo saen á porta.
A muller ventaneira busca quen barata a queira.
Á muller, ao cabalo e á mula pola boca lles entra a fermosura.
A muller, caseira; e non paroleira.
A muller, por moito que a garden, non está mellor gardada.
A negra co frío non vale un figo; a branca coa xeada, nin figo nin nada.
A que quere ser mala, pouco aproveita gardala.
Algo ha face-Ia muller, para branca ou roiba ser.
Ama con amigo non a teñas na túa casa nin na do teu veciño.
Amasade, panadeiras, que miña nai quere un pan.
Amor de muller e aloumiño de can, non dan se non lle dan.
Antes abre a porta, que fai a cama, a muller mal amañada.
Antes deixará o reiseñor de cantar, que a muller de parolar e chorar.
As mulleres onde están, sobran; e onde non están, boa falta fan.
As mulleres sempre escollen o peor.
As mulleres, ou matalas ou deixalas.
Ás nove: ¡Déitate, home!. Ás dez: Muller ¿ti vés?
As que ao muíño van, se son bonitas, logo as moerán.
As romarías e ás vodas van as loucas todas.
Ben está a porta pechada e a dona dentro da casa.
Cal é a ama, tal anda a casa.
Cando a muller merca moito, o seu home vende pronto.
Cando fores ao mesón, que a mesoneira sexa a túa parenta e o mesoneiro non.
Canto máis chore a muller, menos dó se lle ha ter.
Cartas e mulleres van a quen queren.
Casa de donas sen escudeiro é coma fogos sen trasfogueiro.
Casa sen muller nunca rica pode ser.
Catro efes ten miña tía: fea, fraca, froxa e fría.
Catro mulleres, catrocentos pareceres.
Coa mala xanta e coa boa ten baralla.
Coa muller e co diñeiro non te mofes, compañeiro.
Como a muller sen vergonza, así é a árbore sen codia.
Con media muller abonda.
Con mulleres entrarás, cando quixeres, e sairás, cando poideres.
Condición é de mulleres despreciar o que lle deres e morrer polo que lle negues.
Da muller e do mar non hai que fiar.
Dáme a moza vestida, que eu cha darei belida.
De muller que sabe latín, e mula que fai ¡hin!, arrenega ata a fin.
De noite non hai muller fea.
Dor de muller morta dura ata a porta.
Entre o si e o non das mulleres, non cabe a punta dun alfinete.
Entre santa e santo, parede de cal e canto.
Entre santa e santo, un carro de canto.
Este labor leito vai -dixo o que enterraba a muller.
Gardar ben unha muller, non pode ser.
Líbrate de dianteira de viúva e de traseira de mula.
Máis quero moza feita que moza desfeita.
Mal anda a casa onde a roca manda na aixada.
Mans brancas non ofenden pero mancan.
Media moza está na tenda e outra media anda de xeira.
Mellor é de vista que de lista.
Moza boa boa é.
Moza de Deza e vaca da Ulla, de cento unha.
Moza garrida, ou ben gañada ou ben perdida.
Moza que a moitos fai cara é unha maula.
Moza que a moitos fai cara, podes gardala.
Moza que de si n o n toma é porta de tara be lo/sen tarabelo.
Mozas tolas e por casar é mal gando de gardar.
Mula que fai ¡hin! e muller que charla latín, non se fixeron para mino
Muller boa e honrada é a que coida a súa casa.
Muller caseira, a filla primeira.
Muller composta na rúa posta a todo o malo está disposta.
Muller do cego que se compón moito, non se compón para que a vexan outros.
Muller fiadeira fai boa casadeira.
Muller fiandeira e lareteira, mellor na casa que na eira.
Muller goberneira cría o seu fillo e fía a súa tea.
Muller lareteira, para quen a queira.
Muller morta, sete á porta.
Muller moza e con coche na facenda fai esmoche.
Muller que asubía e fía de pe, nunca boa é.
Muller que corre, seguida quere ser.
Muller que de si non toma, é porta sen tarabelo.
Muller que moito bebe, tarde paga o que debe.
Muller que moito fala, ao mellor desbarra.
Muller que sabe latín, non serve para mino
Muller que ten bigote pode máis có home.
Muller tapada esconderse quere.
Muller ventaneira ¡fuxe dela á carreira!
Muller, vento e ventura logo se mudan.
Mulleres á eira e viño en coeira.
Mulleres e viño sacan o home do bo camiño.
Na casa da muller rica ela é a que rosma, latrica e replica.
Na casa da muller rica o home cala e ela repica.
Na casa sen muller ¿que gobemo pode haber?
Nena que de si non toma é porta sen tarabelo.
Nin moza sen amor nin vello sen dar.
Nin moza sen espello nin vello sen consello.
No andar e no haber coñecese a muller.
No inverno, forneira; no verán, taberneira.
Non é brava a muller que cabe na casa.
Non hai moza ben gardada, se ela se non quere gardar.
Non hai vella da cintura para abaixo.
Non rogues cama á muller, que non hai mester.
Ó can que mexar e a muller que falar, nunca lles ha faltar.
O choro de muller non sempre se pode crer.
O home é fogo, a muller estopa: vén o diaño e sopra.
O home é lume e a muller é estopa: vén o demo e sopra.
Ó horne de rnáis saber, unha rnuller bótao a perder.
O máis sisudo varón, a muller bótao ao fondón.
O pe no berce e as mans na roca: así fai a muller facendosa.
O que calza alpargatas e de mulleres fai caso non axuntará diñeiro e sempre andará descalzo.
O que non alcanzan barbas, consígueno faldras.
O que non ten muller, moitos ollos ha mester para garda-Io seu haber.
O que queira ter a muller boa, déalle cervoa.
O que quere a muller, iso se ha facer.
O temor á muller é o comezo da saúde.
Onde non hai muller, todo anda como Deus quer.
Para a muller o casar é fiar, pero o parir é chorar.
Para a muller que se garda, non hai ocasión que valla.
Pasa por boa muller a que varre ao amañecer.
Pola boca morre o peixe e a muller pérdese.
Pola muller entrou o mal no mundo.
Por unha vez que me arremanguei, toda me lixei.
Quen boa muller ten, seguro vai e seguro vén.
Quen serve mozo, muller e común non serve a ningún.
Quen ten fillas para casar,merque rocas para fiar.
Quen ten muller, ten o que ha mester.
Se que res ver a túa muller marta, dálle a comer samborca.
Se vas á feira a feirearte, tes que comporte e amañarte.
Sufrirei filla golosa e albendeira mais non fenestreira.
Tan limpa e tan recachada e cada mes pon camisa lavada.
Unha ama forte e brava é o gobemo dunha casa.
Vale máis unha muller guisando, que un cento latricando.
¡Ai, Señor, por quen ti es, que non se acaben as mulleres!
¡Deus me dea mesón que sexa da mesoneira e do mesoneiro non!
¡Léveme Deus Ao mesón onde a mesoneira mande e o mesoneiro non!
¡Quen me dera un arrimiño ande poderme arrimar!
Palabras veciñas
mulir
mull*
mulla*
muller
mullereiro -ra
mulleril
mullerío