muíño de aceiteMuíño que serve para moer as olivas e reducilas a pasta para facer aceite.
muíño de augaMuíño que funciona pola acción da auga pasando por unha roda armada de palas.
muíño de lumeMuíño que funciona movido por vapor.
muíño de maquíaMuíño no que hai que pagar un imposto en especie.
muíño de mareaMuíño que se emprega nas rías para aproveitar o fluxo e refluxo do mar.
muíño fariñeiro/trigueiroMuíño que serve para moer o trigo ou outros cereais e facer fariña.
smMáquina desintegradora que se emprega para moer gran e, en xeral, materiais sólidos.
smEdificio en que se instala o muíño.
smInstrumento para moer pequenas cantidades de materias granulosas.
muíño de herdeirosMuíño comunal.
muíño de ventoMuíño montado nunha torre e que se move pola acción do vento sobre as aspas.
muíño gástricoANATEstrutura propia do estómago dos crustáceos malacostráceos, especialmente dos decápodos, que consiste nun dente dorsal e diversos laterais que trituran as cascas dos animais dos que se alimentan.
smQUÍMAparato de moer que reduce as substancias a fragmentos pequenos.
smMETROLAparato para medir velocidades e caudais de líquidos, cuxa construción é semellante á dun anemómetro de hélice.
smMARTorno horizontal colocado en dirección de babor a estribor sobre a cuberta de proa dunha nave e que se emprega para levar as áncoras.
Refráns
Ábrete, fol, pola boca, para que en vez dunha maquía dúas che colla.
Ábrete, saco; unha maquía me debes e dúas che agarro.
Andando gaña o muíño, que parado está perdido.
Cada muíño quere a súa auga.
Máis que muíño en espera vale sobro na moega.
Non fíes en maquía de muiñeiro nin creas en comida de despenseiro.
Non fíes en maquías de muiñeiro.
O muiñeiro maquieiro cóidase o amo do rueiro.
O muiñeiro, que oe e ve, non pode ser paroleiro.
O muíño treina, treina; a auga faino treinar.
O que está na acea moe e non o que vai e non volve.