anomalía

< lat anomalĭa gr ἀ νωμαλία
Plural: anomalías
  1. s f
    1. Falta de conformidade ou irregularidade con respecto a unha regra xeral.
    2. BIOL Irregularidade, particularmente orgánica, que presenta un individuo ou grupo de individuos respecto aos outros da mesma especie.
    3. METEOR Desviación dunha magnitude metereolóxica do seu valor normal.
    4. XEOG ariación dunha magnitude xeofísica debida á distribución irregular das masas na codia terrestre.
  2. s f Cousa anómala.
  3. ASTRON
    1. s f Distancia angular, tomando como centro o Sol, desde o perihelio dun planeta ata o punto da órbita en que se localiza o planeta ou en que se localizaría, se o seu movemento fose uniforme.
    2. anomalía do Sol Arco de eclíptica, contado en sentido directo, que vai desde a liña das ápsides ata o Sol.
  4. anomalía conxénita PAT Trastorno producido a consecuencia dunha alteración na formación ou no desenvolvemento dun ou de diversos órganos do embrión ou do feto durante a xestación.
  5. anomalía cromosómica XEN aberración cromosómica.

Citas

  • É unha anomalía que non se volverá repetir
  • O documento ten tantas anomalías que non hai por onde collelo