mozárabe

< ár musta’rab ‘arabizado’
Plural: mozárabes
    1. adx Relativo ou pertencente aos mozárabes ou á súa lingua.
    2. s ETN/HIST Individuo do pobo mozárabe.
    3. s m pl ETN/HIST Grupo de poboación cristiá que conservou a súa relixión baixo a dominación islámica da Península Ibérica.
    4. s m LING Fala románica que empregaban os mozárabes e tamén os muladís ou indíxenas renegados do cristianismo.
  1. adx Aplícase á liturxia propia dos cristiáns da Península Ibérica antes da introdución do rito romano, denominada tamén liturxia visigótica ou hispánica.
  2. adx Aplícase impropiamente á escritura visigótica.