moucho

< lat v *noctuolu
Plural: mouchos
  1. ANIMAL/ORNIT
    1. moucho pirenaico [Aegolius funereus] Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas con pintas brancas e as inferiores brancas con liñas anchas e escuras.
    2. s m Ave nocturna, estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas, as inferiores listadas de cor parda escura, e o iris amarelo. Aliméntase de pequenos vertebrados e insectos.
    3. moucho emigrante [Asio flammeus] Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores con manchas pardas escuras e as inferiores con listas pardas.
    4. moucho de orellas [Otus scops] Ave estrixiforme, da familia dos estríxidos, que ten as partes superiores pardas, e as inferiores brancas e riscadas e o iris amarelo. Presenta unhas plumas na cabeza a modo de orellas e é a única ave rapaz nocturna que carece de plumas nas dedas.
  2. moucho bravo ANIMAL Crustáceo decápodo, da sección dos anomuros, que presenta a cuncha máis longa que ancha e un par de patas grosas que rematan en fortes pinzas.
  3. adx fig Que é moi adormentado, pouco animado e que case non fala. Tm s, referido a persoa.

Sinónimos

Frases feitas

  • Ser feo coma un moucho. Ser moi feo.

Refráns

  • Cada moucho no seu souto.
  • ¡Moucho, dámo e doucho!

Palabras veciñas