morte

< lat morte
Plural: mortes
  1. s f Fin da vida.
  2. s f Fin de algo ou dunha actividade.
  3. s f DER Delito que consiste en matar a unha persoa sen que concorran circunstancias que dean lugar a outro delito especial.
  4. s f
    1. Símbolo da morte representado, xeralmente, por un esqueleto humano cunha gadaña ou por unha caveira centrada sobre unha aspa de dous ósos iguais.
    2. ARTE Representación plástica da morte.
  5. morte civil HIST/DER Privación dos dereitos civís e políticos que impón a lei a unha persoa.
  6. morte da alma RELIX Privación da benaventuranza, da vida eterna.
  7. morte de Deus FILOS Situación fundamental de triunfo absoluto do nihilismo inherente á tradición do pensamento occidental, desde a que Nietzsche desenvolve a reflexión desta filosofía.

Citas

  • A pirataría podería significar a morte do comercio discográfico
  • O delincuente deu morte ao policía mentres tentaba fuxir

Frases feitas

  • A morte. Realizar algo ata chegar
  • A vida ou morte. Facer algo con perigo de morrer.
  • De morte. Ser capaz de causar a morte.
  • Estar pensando na morte da burra. Estar algu
  • Non ser morte de home. Non ser algo moi grave ou prexudicial.
  • Ser bo para ir buscar a morte. Ser algu
  • Ata a morte ten vicio. Alardear ou terse por m

Refráns

  • A bonitura cómea a terra na sepultura.
  • A cada porco chégalle o seu san Martiño.
  • A casa feita e o cadaleito á porta.
  • A dor da muller morta chega ata a porta.
  • A mala herba non hai xeada que a leve.
  • A morte a ninguén perdoa.
  • A morte a todos iguala.
  • A morte a uns dá boa e a outros mala sorteo
  • A morte é boa?ando certamente é mala.
  • A morte é fonte da vida: morren uns para que outros vivan.
  • A morte é tan certa como a vida incerta.
  • A morte non veña, que achaque non faltará.
  • A morte por todo morde.
  • A morte sempre ten disculpa.
  • A morte tódalas cousas iguala.
  • A morte todo o atalla.
  • A morte todo o descompón.
  • A morte várreo todo.
  • Á morte, estira-la pata.
  • A morte, nin buscala nin temela.
  • A mortos e a idos, poucos amigos.
  • A pena da muller morta chega ata a porta.
  • A quen morte allea desexa, a súa lle chega.
  • A quen ten sogra, cedo lle morra.
  • A sepultura, por vella que sexa, se lle cantan un responso, ben se recrea.
  • Acá xa sabemos o que hai; e alá ¿que haberá?
  • Achaque quere a morte /, non sabe de que sorteo
  • Alá lle dirán o mal que facÍa cando aquí vivía.
  • Andar todo o mundo e morrer en Lugo.
  • Andar, andar e o corpo para enterrar.
  • Ano por ano, máis come o morto có sano.
  • Cada carneiro do seu pe colga.
  • Cada porco ten o seu san Martiño.
  • Caíndo e levantando, imos andando, non sabemos ata cando.
  • Cando menos se pensa, a morte chega.
  • Cando se chama a morte e non vén, é que a súa razón ten.
  • Cando se chama a morte e non vén, é que a súa razón ten.
  • Casa cumprida, na outra vida.
  • Ceas, penas e soles matan os homes.
  • Coa morte todo se acaba.
  • Coa morte todo se esquece.
  • Coa morte todo se vaL
  • Con aceitonas e pan quente morre a xente.
  • Contra a morte non hai casa forte.
  • Contra a morte non hai medio, pero a morte é un remedio.
  • Corazón forte a seu dono leva á morte.
  • Da morte non escapa nin o rico nin o pobre nin o rei nin o papa.
  • De morrer ninguén escapa: nin o rei nin o papa.
  • Despois de morrer ¡campás por gaitas!
  • En morrendo un, acabouse todo para el.
  • En morrendo, todo se acaba.
  • Ende morrendo, acabouse todo.
  • Esperar saúde na morte allea é cousa fea.
  • Está un morrendo e está aprendendo.
  • Fomos coma vós e seredes coma nós.
  • Home morto nunca come pan.
  • Home morto pide rezos e responsos.
  • Hoxe voume, mañá voume e non sei cando nin sei para ondeo
  • I Cando morras, acabouse.
  • Inda na sepultura, por vella que sexa, se lle din un responso, ben se ela recrea.
  • Mais vale morrer que mal vivir.
  • Mal de morte ¡Ó meu home lle caia en sorte!
  • Mala é a morte que deixa baleira a casa ou a corte.
  • Morre o mozo e queda o vello.
  • Morre o rei e morre o papa e de morrer mnguén escapa.
  • Morren OS gatos e alégranse os ratos.
  • Morte de pai casa non desfai pero, si, morte de nai.
  • Morte de sogra e dor de nora, máis por dentro que por fóra.
  • Morte e venda desfai renda.
  • Morte non veña que achaque non teña.
  • Morto está, que non pernexa.
  • Morto o can, morta a rabia.
  • Mulleres e malas noites matan os homes.
  • Na sepultura amolece a carne máis dura.
  • Nin morte sen pranto nin voda sen canto.
  • Ninguén morre ata que Deus quere.
  • Non é mala morte cando fai o que debe o que morreo
  • Non é o mesmo morrer, que ver morrer.
  • Non hai morte que veña, que achaque non teña.
  • Non sabe un onde a ten.
  • Non se morre máis que unha vez.
  • Non veña a morte, que achaque non ha faltar.
  • Nunca mellor morre o home que cando máis quere vivir.
  • O ano que se morre, ben se come.
  • O bo, o diaño o leva; e o malo acá queda.
  • Ó cabo do ano morren máis polos que galos.
  • Ó escudeiro rico mórrelle a muller coma a calquera veciño.
  • O morto apodrece e o orfo crece.
  • O porco e o sogro, quixéraos mortos.
  • O pranto da muller morta non pasa da porta.
  • O pranto da muller morta, non chega máis que ata a porta.
  • O que ha morrer ás escuras para nada que re o candil.
  • O que morre polo seu gusto, a morte sábelle ben.
  • O que morre, entérrano.
  • O que neste mundo fai mofa, no outro foza.
  • O que neste mundo fai risa, no outro chifra.
  • ó que polo seu gusto morre, a morte sábelle ben.
  • O que ten quen o chore, tódolos días morreo
  • O que ten sogra, quere que logo lle morra.
  • Onde hai morte, hai mala sorteo
  • Onde hai morte, non hai mala sorteo
  • Onte morreu el e xa ela casar quer ¡ai do que ten que morrer!
  • Os bos, lévaos Deus para si e os malos quedamos aquí para entendemos.
  • Os mortos non se queren levantar para que non lles collan o seu lugar.
  • Para a morte non hai casa forte.
  • Para a morte non hai home forte.
  • Para a morte non hai remedio cando veña, senón esta?car a perna.
  • Para o mal mortal ningunha herba val.
  • Para todo hai maña, senón para a morte.
  • Pensa ben que cada día pode ser o derradeiro.
  • Que morrer hemos, ben o sabemos.
  • Queiramos ou non queiramos, para morrer nacemos.
  • Quen a morte doutro agarda, longa corda desata.
  • Quen máis non pode, morrer se deixa.
  • Quen máis non pode, morrer se deixa.
  • Quen non teme a morte non é home forte.
  • Sabemos da morte mais non sabemos de qué sorte.
  • Sábese onde se naceu e non onde se ha morrer.
  • Se morremos, para iso nacemos.
  • Se te morde a salamántiga, que che fagan logo a cama.
  • Se te roe un alacrán busca viño e busca pan e mais crego e sacristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán.
  • Soles e ceas teñen as covas cheas.
  • Soles e penas e ceas teñen as sepulturas cheas.
  • Tanto morre o papa coma o que non ten capa.
  • Tanto o rico coma o pobre, dándolle a da morte, morreo
  • Tarde ou cedo queda o burro sen pelexo.
  • Tarde ou cedo tódolos porcos proban o coitelo.
  • Tarde ou cedo todos debaixo da terra estaremos.
  • Todo acaba cando a morte chega e chama.
  • Todo o que nace, morre, sexa o que fore e sexa quen fore.
  • Todo ten remedio, menos a morte.
  • Todos en coiro nacemos e en coiro morremos,
  • Unha boa morte é a mellor sorteo
  • Vale máis morte calada que pública desventura.
  • Vén a morte e non se sabe de qué sorteo
  • ¡Ben veñas, morte, se vés soila!
  • ¡Ben veñas, morte, se vés soila!
  • ¡Come, morto, que verzas che cozo!
  • ¡Mala morte mate a morte!
  • ¡Morran outros e vivamos e con saúde os enterremos!
  • ¡Tin-tan! ¡Tin-tan!: nunca máis volven os que se van.
  • ¡Tin-tan!: os que se foron non volverán.