smCRONIntervalo de tempo, segundo a hipótese aparente, comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo mesmo punto da eclíptica, que corresponde, segundo a hipótese real, á duración dunha revolución da Terra arredor do Sol.
ano anomalísticoIntervalo de tempo que, segundo a hipótese aparente, transcorre entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo perixeo. Equivale a 365,2596 días civís.
ano astronómicoCalquera dos intervalos cos que se mide a órbita de translación da Terra por oposición a ano civil.
ano luzUnidade usada en astronomía que equivale á lonxitude que percorre a luz nun ano.
ano naturalAno solar, en relación coa sucesión das estacións e por oposición a ano civil.
ano sideralIntervalo de tempo en que o Sol percorre os 360° da eclíptica ou ben o intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo círculo horario dunha mesma estrela. A súa duración é de 365,256 días.
ano trópico/solarIntervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas do Sol polo primeiro punto de Aries.
CRON
smUnidade de medida do tempo, que corresponde aproximadamente ao ano solar ou trópico.
ano bisestoAno civil que consta de 366 días civís.
ano civilAno formado por un número enteiro de días civís: 365 se é común ou 366 se é bisesto.
ano lunarAno civil baseado no mes sinódico ou lunación que ten unha duración de 354,36 días civís.
ano luni-solarAno civil baseado ao mesmo tempo no mes sinódico e no ano trópico.
CRON/HIST
smPeríodo de tempo que abrangue desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro, e este período considerado, non dunha maneira absoluta, senón con relación aos feitos que se desenvolven e con relación aos anos precedentes e sucesivos.
ano do Señor/de grazaAno da era cristiá, contado a partir do nacemento de Xesús Cristo.
ano novoaninovo.
smPeríodo de doce meses durante o que se desenvolve unha determinada actividade.
ano académicoPEDAGPeríodo comprendido entre o comezo de dous cursos escolares consecutivos.
ano económicoECONPeríodo de vixencia do orzamento do estado.
ano fiscal /DER/ECONPeríodo durante o que se poden executar legalmente as obrigacións tributarias.
ano sabáticoPEDAGCurso ou semestre que nos países de cultura anglosaxona se concedía cada seis ou sete anos a un profesor para dedicalo aos seus estudos ou á investigación, eximíndoo do ensino.
ano santo/xubilarRELIXAno durante o que todos os católicos poden gañar o xubileu ou indulxencia plenaria cumprindo coa peregrinación, confesión e comuñón.
ano xudicialDERPeríodo, xeralmente do 1 de setembro dun ano ao 31 de xullo do ano seguinte, durante o que se desenvolven os traballos normais dos tribunais e órganos da administración de xustiza.
smCiclo do traballo agrícola con relación aos factores meteorolóxicos ou á colleita producida.
smCada un dos círculos que aparecen no toro dunha árbore correspondentes ao crecemento anual.
sm plTempo vivido por unha persoa.
Citas
Apunteime este ano completo a clases de aeróbic
Cumpriu anos o pasado catro de febreiro
Hai moitos anos que vivo aquí, Anos hai que o vin
¿Cando fas os anos? O 25 de febreiro
Frases feitas
Sacarse anos. Declarar ter menos anos de idade c
Home de anos. Persoa que xa chegou
Por moitos anos. Expresi
Refráns
Ano acabado e porco cebado son contento e regalo.
Ano de saltón, ano de perdigón.
Ano dereito, dá herba o barbeito.
Ano hortelán, máis palla que gran.
Ano tardeiro vale máis que baleiro.
Cal o ano, tal o xerro.
Cando o ano entra en domingo, vende os bois e merca millo.