morgado -da

< lat v *maioricātu
Plural: morgados Masculino: morgado Masculino plural: morgados Feminino: morgada Feminino plural: morgadas
  1. s Fillo maior herdeiro dos bens familiares que pertencen á familia.
  2. s p ext Fillo único.
  3. s m Patrimonio dunha familia que herda o fillo maior.
  4. s m HIST Institución surxida no s XII en Castela que establecía que un determinado número de bens do patrimonio familiar era considerado unha unidade inalienable e outorgaba a totalidade destes ao primoxénito, co fin de evitar o reparto de terras e o consecuente debilitamento das familias máis poderosas. Foi abolido en 1828.

Formas incorrectas

maiorazo -za