morfoloxía

< morfo- + -loxía
Plural: morfoloxías
  1. s f BIOL Parte da bioloxía que estuda a forma e a estrutura dos seres vivos, intenta explicar a disposición e a estrutura dos órganos, aclara o seu significado biolóxico e axuda na investigación da adaptabilidade e a reacción ante o medio.
  2. s f LING Parte da gramática tradicional que estuda a flexión, composición e derivación das palabras, independentemente das súas relacións ou funcións na frase ou na oración.
  3. s f XEOG Forma do relevo terrestre.
  4. morfoloxía urbana XEOG
    1. Parte da xeografía urbana que estuda a forma das cidades.
    2. Aparencia externa da cidade, formada pola trama de rúas e espazos urbanos, que orixinan o plano da cidade.
  5. morfoloxía agraria Forma que amosa a concentración parcelaria dun territorio.
  6. morfoloxía vexetal BOT Parte da botánica que estuda a estrutura e a forma das plantas e que inclúe a citoloxía, a histoloxía e a organografía vexetais.