morea

< lat muraena
Nome científico: Muraena helena Plural: moreas
  1. s f ANIMAL/ICT Peixe angüiliforme, da familia dos murénidos, de corpo serpentiforme, comprimido lateralmente, sen escamas e sen aletas pectorais. Presenta a pel grosa e recoberta de mucosidade e habita nas fendeduras e nas covas das costas rochosas, a pouca profundidade.