< lat ăbăcu gr ἄ βαξ, -αχος ‘mesa’ hebr ’ābāq ‘pó’
Plural:ábacos
smMATAparato simple de cálculo que consiste nun taboleiro provisto de arames paralelos, con bólas perforadas que permite facer todas as operacións aritméticas básicas.
smMATLibro que ensinaba a ciencia matemática e a calcular.
smARQUITPeza prismática de volume cuadrangular en forma de táboa que, sobre o equino, coroa o capitel e serve de asentamento á arquitrabe, ao tempo que protexe a decoración do capitel.
ábaco neperianoMATInstrumento de cálculo que facilita as operacións aritméticas ao substituír as multiplicacións e divisións por adicións e subtraccións, respectivamente.