mordaza

< lat v *mordacia
Plural: mordazas
  1. s f Peza de tea ou calquera instrumento que se pon na boca para impedir que alguén fale ou berre.
  2. s f Aquilo que impide manifestarse con liberdade.
  3. s f TECNOL Nome que reciben diversos dispositivos ou instrumentos formados por dúas pezas que, actuando á maneira de tenaces, serven para suxeitar e soster con firmeza un obxecto.

Citas

  • A censura franquista puxo unha mordaza a calquera expresión que reivindicase o galego
  • O secuestrador púxolle unha mordaza á vítima para que non berrase