anisotropía

< anisótropo
Plural: anisotropías
  1. s f FÍS Fenómeno que presentan certas substancias en que, polo menos unha das propiedades físicas, varía segundo a dirección, xa que as moléculas e os ións non están dispostos de forma idéntica en todas as direccións.
  2. anisotropía do óvulo BIOL Distribución desigual das substancias integrantes do óvulo.
  3. anisotropía magnética QUÍM/FÍS Fenómeno de variación da susceptibilidade magnética coa dirección que presentan moitas substancias cristalinas.