monoclinal

< mono- + sinclinal
Plural: monoclinais
  1. adx XEOL Aplícase á estrutura xeolóxica en que as capas teñen a mesma inclinación e dirección.
  2. dobramento monoclinal XEOL flexión.
  3. relevo monoclinal XEOL Forma topográfica asimétrica composta por unha fronte escarpada, formada pola interrupción dunha capa resistente e un plano inclinado, que corresponde ao dorso da capa dura.