mongol

< topónimo Mongolia
Plural: mongois
    1. adx Relativo ou pertencente a Mongolia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
    2. s Natural ou habitante de Mongolia.
  1. ETN
    1. adx Relativo ou pertencente ao pobo mongol.
    2. s Individuo do pobo mongol.
    3. s m pl Pobo dunha rama mongol procedente do Turquestán, que foi islamizado no s XIV e que creou un grande imperio.
  2. s m LING Grupo de linguas altaicas, que inclúe o oirat, o dialecto mongol de Afganistán, o buriato e o khalkha, falados na República de Mongolia, ou o mongour, en China Occidental.
  3. gran mongol Soberano do Imperio Mongol.