molestia

< lat molestĭa
Plural: molestias
  1. s f Acción e efecto de molestar.
  2. s f Cousa que produce incomodidade ou malestar a alguén.
  3. s f Malestar físico de carácter leve.

Citas

  • Aínda que lle deron a alta médica, o xogador aínda tiña molestias no nocello, OBS: Nesta acepción emprégase xeralmente en plural
  • É unha molestia ter que asinar todos os días no rexistro
  • Pediu perdón polas molestias causadas

Refráns

  • A quen tes que contentar non o debes enfadar.
  • Calquera gato sente que outro o rabuñe.
  • Nin burro omeante nin home rallante.
  • Quen non se sente dunha mala palabra, non se sente dunha labazada.

Palabras veciñas