modulación

< lat modulatĭōne
Plural: modulacións
  1. s f Acción e efecto de modular.
  2. s f Cambio de ton, acento ou intensidade que se produce durante a emisión dun son.
  3. s f MÚS Paso dunha modalidade ou dunha tonalidade a outra.
  4. s f COMUN Modificación das características dunha onda, chamada portadora, co fin de mellorar a transmisión, desde un emisor a un receptor, da información contida na outra onda, chamada moduladora.