abstracción

< lat tardío abstractĭōne
Plural: abstraccións
  1. s f Acción e efecto de abstraer ou abstraerse.
  2. s f Resultado da imaxinación que non ten contacto coa realidade obxectiva.

Citas

  • Para alguén que non ten cartos unha viaxe polo Caribe é pura abstracción
  • Para entender a certos filósofos precísase un elevado índice de abstracción