smAfección excesiva ás tendencias ou aos gustos modernos.
smARTE/LITMovemento cultural que se produciu en Occidente a finais do s XIX e comezos do s XX, e que se caracterizou polo predominio da curva sobre a recta, a riqueza e o detallismo da decoración, o uso frecuente de motivos vexetais, o gusto pola asimetría, a estética refinada e o dinamismo das formas. No aspecto literario, aplícase especialmente ás literaturas castelá e catalá.
smHIST/RELIXMovemento relixioso de finais do s XIX e comezos do s XX, que pretendeu conseguir unha interpretación e acomodación das crenzas e das doutrinas tradicionais aos novos tempos.