moderador -ra

< lat moderātōre
Plural: moderadores Masculino: moderador Masculino plural: moderadores Feminino: moderadora Feminino plural: moderadoras
  1. adx Que modera. Tm s.
  2. s Persoa que dirixe un debate, reunión ou calquera discusión organizada sobre un tema.
  3. s m TECNOL Mecanismo que se emprega para regular unha función.
  4. s m FÍS Substancia que serve, nos reactores nucleares de fisión, para frear os neutróns rápidos que se producen nas fisións e convertelos en neutróns térmicos (lentos) capaces de provocar outras novas.

Citas

  • Foi a moderadora na asemblea na facultade
  • O exceso de produtividade foi o moderador dos prezos