ánimo

< lat anĭmu ‘alma, espírito’
Plural: ánimos
  1. s m Alma en tanto que ten vontade ou é principio de actividade.
  2. s m Intención, coraxe ou espírito de facer unha cousa.
  3. estado de ánimo PSIC Estado psíquico do individuo condicionado polas circunstancias que o rodean dunha parte e, doutra, pola súa situación intrapsíquica.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Non lle falta ánimo para someterse a esa intervención cirúrxica
  • Ten un ánimo excepcional, sobre todo cando descansa ben