moa

< lat mola
Plural: moas
  1. s f ANAT Peza dental que se sitúa na parte posterior da mandíbula, detrás dos caninos, e ten a función de triturar ou moer os alimentos.
  2. s f Pedra do muíño que xira sobre outra para reducir a po os cereais.
  3. s f Pedra redonda que se emprega para afiar coitelos ou ferramentas.
  4. s f Pedra de forma circular situada debaixo do hórreo.
  5. s TECNOL
    1. Utensilio constituído por un material abrasivo que se fai xirar arredor do seu eixe e que se emprega para amolar, pulir, desbarbar, rectificar ou perfilar ferramentas ou pezas diversas.
    2. p ext Máquina que proporciona o movemento á moa durante a operación de amolamento.
  6. moa do xuízo/cabeira ANAT Peza dental que está situada ao cabo das moas e que sae na idade adulta.

Sinónimos

Palabras veciñas