místico -ca

< lat mystĭcu gr μυστικ ὀ V
Plural: místicos Masculino: místico Masculino plural: místicos Feminino: mística Feminino plural: místicas
  1. adx Relativo ou pertencente á mística.
  2. adx Relativo ou pertencente aos antigos misterios relixiosos.
  3. adx Que está iniciado nos antigos misterios relixiosos. Tm s, referido a persoa.
  4. adx Que ten experiencias místicas. Tm s, referido a persoa.
  5. s m CONSTR/MAR Embarcación de dous ou tres paus que se usaba antigamente no mar Mediterráneo. Levaba un botaló a proa e outro a popa, e arboraba un tipo de vela trapezoidal, coñecida como mística.