miñato

< lat v *milviātu lat milvu
Plural: miñatos
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave de rapina diúrna, de tamaño mediano e rabo arredondado, que pertence ás familias dos accipítridos e dos falcónidos.
  2. miñato abelleiro ANIMAL/ORNIT Ave de rapina, da familia dos accipítridos, que presenta unha coloración variable, de cor crema na parte inferior e de parda escura a cincenta na parte superior que se alimenta de himenópteros, lagartos e anfibios.
  3. miñato común ANIMAL/ORNIT Ave de rapina, da familia dos falcónidos, de tamaño mediano, ás longas e anchas, plumaxe parda e que se alimenta de mamíferos de pequeno tamaño, réptiles e anfibios.
  4. miñato queimado ANIMAL/ORNIT Ave de rapina, da familia dos accipítridos, que presentan o corpo escuro na parte superior e pardo polo ventre, as ás longas e o rabo gallado, e aliméntase de peixes, insectos e pequenos vertebrados.
  5. miñato real ANIMAL/ORNIT Ave de rapina, da familia dos accipítridos, que presenta a plumaxe parda arrubiada, a cabeza abrancazada, o rabo moi gallado e as ás longas, e aliméntase de invertebrados, de pequenos vertebrados e preas.

Sinónimos

Refráns

  • Mal anda o miñato cando ten as ás rotas e o papo sano.
  • O miñato ponse fraco vendo os paxaros e cobizándoos.

Formas incorrectas

milano

Palabras veciñas