minuto

< lat minūtu ‘pequeno’
Plural: minutos
  1. s m Unidade de tempo que equivale a cada unha das sesenta partes iguais en que se divide unha hora.
  2. s m Período moi breve de tempo.
  3. s m MAT Cada unha das sesenta partes iguais en que se divide un grao de circunferencia ou un círculo.
  4. minuto angular ASTRON Cada unha das sesenta partes iguais en que se divide a hora angular, que equivale a 15 minutos sesaxesimais.

Sinónimos

Citas

  • Comeza a traballar e non perdas un minuto
  • Unha hora ten sesenta minutos