ministro -tra

< lat mĭnĭstru
Plural: ministros Masculino: ministro Masculino plural: ministros Feminino: ministra Feminino plural: ministras
  1. POLÍT
    1. s Cabeza de cada un dos departamentos en que está dividido o goberno dun Estado.
    2. ministro de xornada Membro do goberno encargado de despachar cando o xefe do Estado non está.
    3. ministro plenipotenciario Axente diplomático con plenos poderes para representar o seu goberno noutro Estado.
    4. ministro residente Axente diplomático con categoría inmediatamente inferior a ministro plenipotenciario.
    5. ministro sen carteira Membro do goberno que non ten ao seu cargo ningún departamento.
    6. primeiro ministro Presidente do goberno.
  2. s Persoa que administra os bens en certas ordes relixiosas e hospitais.
    1. s Persoa que exerce un ministerio por encargo dun superior.
    2. ministro de Deus RELIX sacerdote.
    3. ministro do altar RELIX Sacerdote que oficia no altar, ou asistente do celebrante principal.
    4. ministro do sacramento RELIX Persoa que, en nome e substitución de Cristo, outorga un sacramentro.

Palabras veciñas