minimalismo

< ingl minimalism
Plural: minimalismos
  1. s m ARTE Tendencia artística orixinada durante a década de 1960 en EE UU, que se baseaba na máxima redución morfolóxica, pero tendente a unha máxima complexidade das ordes perceptivas e do comportamento do espectador. Traballaba con estruturas matemáticas e xeométricas, materiais industriais e unha cor plana.
  2. s m MÚS Expresión inventada polo pianista e compositor Michael Nyman para designar a estética musical baseada na repetición sistemática dunha pequena estrutura melódica e rítmica tonal que se vai transformando gradualmente.

Palabras veciñas