mimosa

< lat científico mimosa
Plural: mimosas
  1. s f PLANTA Planta herbácea ou leñosa, do xénero Mimosa, da familia das mimosáceas, de follas opostas e flores regulares con estames libres.
  2. s f PLANTA Planta pertencente á familia das mimosáceas.
  3. mimosa de tres espiñas PLANTA Árbore da familia das fabáceas, espinosa e de follas caducas e pinnadas ou bipinnadas nos exemplares novos, flores unisexuais e froitos en legume.