migración

< lat migratĭōne
Plural: migracións
  1. s f DEMOG Desprazamento espacial feito por unha poboación. Os fenómenos migratorios son directamente proporcionais á diferenza entre poboación e recursos e inversamente proporcionais á distancia dos espazos correspondentes.
  2. s f ALIM Fenómeno polo que, na tecnoloxía do envasamento de alimentos, certas impurezas pasan ao contido e o contaminan.
  3. s f ZOOL
    1. Desprazamento cíclico, xeralmente colectivo, dunha poboación animal e, a miúdo, con lugares de partida e chegada moi precisos.
    2. Desprazamento moi longo, non cíclico, dun grupo animal ou dun individuo.
  4. s f MED Desprazamento progresivo dalgún dente.
  5. s f XEOL Fenómeno polo que o petróleo pasa da rocha nai en que se atopa inicialmente a outra rocha máis ou menos afastada.
  6. migración iónica QUÍM/FÍS Fenómeno polo que, debido a unha diferenza de potencial entre dous electrodos somerxidos nunha disolución electrolítica, os ións desa disolución se dirixen ao electrodo de signo oposto.

Confrontacións